Reflexión

Un bo deseño comeza por unha análise minuciosa do proxecto. E para Mou cada caso é único. Conceptualizar, simplificar, construír, mostrar…

Imaxinación

Produtos tan orixinais que non pasan de moda. Os traballos de Mou son moi diferentes, e o diferente é memorable, non é?

Confianza

Décadas de cumprimento de prazos e requisitos traen consigo o establecemento de colaboracións amistosas e duradeiras. Grazas queridos clientes!

Coñecémonos? Permíteme que me presente

Son Nuria Barreras, unha artista gráfica freelance con ampla experiencia en deseño para impresión, produtos dixitais e ilustración. Son historiadora da arte e teño traballado para museos, institucións, axencias e particulares.

A miña responsabilidade é desenvolver experiencias gráficas e interactivas significativas, que conten historias, creando un universo particular. A miña especialidade é a arte, a cultura e sobre todo a educación. E dentro da educación, a gamificación de contidos.

O nome do estudio é Mou, como homenaxe á pequena aldea galega na que se ubica. Feito nada banal, o rural dixital, a aventura de unir o mellor dos dous mundos: regar as leitugas escoitando un podcast de marketing ou traballar en remoto escoitando os paxariños.

Mou é tamén unha rede profesional, colaborando con outros artistas e o mellor equipo técnico que un proxecto poda precisar.

E agora dime...

Gustouche o meu traballo? Quéresme comentar calquera cousa?

Por favor, non dubides entrar en contacto comigo se queres recibir información máis específica, escríbeme con calquera pregunta, opinión ou comentario.

Write to me in Galician, Spanish, Portuguese, English or any language that google translates 🙂

Este sitio está protexido por reCAPTCHA