Ximnasio Léxico

O Ximnasio Léxico é un xogo casual para abanear o teu cerebro lingüístico buscando palabras, e tamén un recurso didáctico para repasar ortografía e vocabulario en galego.

Un xogo para pór a proba a fortaleza do teu coñecemento léxico e tamén a túa destreza dixital e axilidade mental, e como non a túa sorte! Ligazóns para Android e IOs en ximnasiolexico.gal.

Imaxe

Sistema

O Ximnasio Léxico consta de varios xogos que acceden a palabras escollidas ao chou na BD do Dicionario da RAG. Además de contribuir á normalización da lingua no eido dos populares xogos de palabras para móbil, o Ximnasio Léxico revela a profundidade do traballo lexicográfico que ven desenvolvendo a Real Academia Galega xunto coa Fundación Barrié.

Aparellos

Igual que nun ximnasio real, o xogo consiste nun circuíto de adestramento que consta de tres estacións de traballo: Bule, Rube e Une. En cada un destes aparellos vas exercitando unha determinada destreza con crecente intensidade e dificultade.

Vitaminas e niveis

As Vitaminas aparecen como recompensa por un bo resultado nos aparellos. Os aparellos son puramente léxicos pero as vitaminas son un plus que require un coñecemento da cultura e literatura galega. Se consegues as tres vitaminas pasarás de nivel: palabras máis difíciles e máis exercicios en cada aparello.

Landing XL

O XIMNASIO LÉXICO

Dirección: Diego Rodríguez

Deseño: Nuria Barreras

Programación: Álex Pereiro

Contidos: Seminario de Lexicografía/ Portal das Palabras

Cliente: Un proxecto da Real Academia Galega e a Fundación Barrié no marco da súa cooperación no eido lexicográfico.

Proxectos relacionados