12 horas
6 x 2 horas
15/20 alumn@s
Taller baseado en tecnoloxías de telepresenza (curso online en directo con cámara de vídeo e pantalla compartida) que utiliza a plataforma Zoom con total interactividade docente-alumn@s e facilita o uso de recursos virtuais compartidos.
MOUmm proporciona o servizo virtual completo, con todos os elementos necesarios para a organización e seguimento da formación:
O taller ten un enfoque teórico-práctico, propiciando o feed-back c@s alumn@s durante as clases, a partir de exercicios, tanto técnicos como imaxinativos.
Tamén propoñeranse pequenas tareas entre clase e clase, nas que se buscará a interacción virtual entre @s alumn@s, redundando na natureza de creación colectiva que implica a arte cinematográfica.
Obxectivo
Dotar de ferramentas conceptuais e prácticas ás alumn@s para que poidan dar os seus primeiros pasos na arte de contar historias a través de medios audiovisuais, mesmo de xeito autónomo, cos seus propios equipos*.
* Os participantes deben ter un mínimo coñecemento de ferramentas virtuais e acceso a un equipo mínimo de gravación (cámara/dispositivo móbil) e postprodución (móbil/ tablet/ordenador).
Cora Peña é licenciada en Comunicación Audiovisual (UCM) e graduada en Dirección de Fotografía (EICTV), con sólida experiencia en produción-dirección de documentais, curtametraxes e videoclips, e amplo percorrido polos distintos roles da creación audiovisual (guión, dirección, dirección de fotografía e montaxe). Ten impartido talleres de contido audiovisual para distintos organismos e institucións educativas e para os concellos de Vigo, Santiago e Teo.
MOU MULTIMEDIA
Bº de Mouro, 8. Padróns
36866 Ponteareas