40 horas
20 x 2 horas
15/20 alumn@s
Curso baseado en tecnoloxías de telepresenza (curso online en directo con cámara de vídeo e pantalla compartida) que utiliza a plataforma Zoom con total interactividade docente-alumn@s e facilita o uso de recursos virtuais compartidos.
MOUmm proporciona o servizo virtual completo, con todos os elementos necesarios para a organización e seguimento da formación:
O curso organízase arredor das tres fases de produción cinematográfica: preprodución-guión, rodaxe e postprodución. A información máis técnica irá acompañada dende o primeiro co traballo de análise de exemplos de cinema experimental, poético, ou especialmente subxetivo.
O obradoiro ten un enfoque teórico-práctico, propiciando o feed-back co alumnado a partir de exercicios en clase e pequenas tarefas para realizar en casa. Buscaremos, en ambos casos, a interacción entre @s alumn@s, redundando na natureza de creación colectiva que implica a arte cinematográfica.
Serán 20 horas de clases e 20 de titorías para acompañar ao alumnado no seu proceso de creación de pezas propias.
Contaremos co apoio e asesoramento de traballadores en saúde mental, tanto no eido propiamente sanitario como no de acompañamento terapéutico.
Obxectivos
1. Técnico/tecnolóxico: que o alumnado aprenda técnicas básicas de realización e gravación con dispositivos domésticos. Gramática audiovisual, manexo da luz e do son, ferramentas de traballo (documentos de produción, apps de rexistro e postprodución).
2. Artístico: ofrecer ao alumnado vías novas de achegamento á linguaxe cinematográfica, impulsando á creación en primeira persoa, fomentando a autoexpresión e a validación artística da subxetividade propia. A proposta cara @s alumn@s é que cada quen realice a súa propia curtametraxe.
3. Terapéutico: ofrecer un espazo de creación que traballa postivamente sobre a autoconciencia, a expresión de vivencias subxetivas acaladas, a autoestima, a creatividade e as relacións interpersonais e habilidades sociais.
Cora Peña é licenciada en Comunicación Audiovisual (UCM) e graduada en Dirección de Fotografía (EICTV), con sólida experiencia en produción-dirección de documentais, curtametraxes e videoclips, e amplo percorrido polos distintos roles da creación audiovisual (guión, dirección, dirección de fotografía e montaxe). Ten impartido talleres de contido audiovisual para distintos organismos e institucións educativas e para os concellos de Vigo, Santiago e Teo.