Plantasías

Plantasías iniciase como unha actividade extraescolar, un proxecto que abarca distintas áreas de coñecemento: social, natural, documental e audiovisual. 

Os alumnos participantes convertíronse en reporteiros para recoller dos seus maiores testemuñas dunha cultura que estase a perder en moitos casos, as complexas relacións dos humanos co reino vexetal, especialmente no relacionado cas árbores que acompañaron a vida cotidiana dos galegos durante siglos, ou pode que milenios.

A segunda parte foi dar forma ás enquisas gravadas, ordenar estes vídeos feitos na casa e convertilos nunha narrativa intelixible, nunha serie documental de dez capítulos que valoriza o traballo feito nas escolas, e sirve de mostra sobre un eido cultural que merece atención e recolleita.

Un proxecto da directora e activista Cora Peña.

Grafismo

O principal reto era integrar os vídeos das entrevistas gravadas polos alumnos cos seus móbiles. Eran vídeos moi desiguais, con diferente formato, vertical ou horizontal, e resolucións escasas en bastantes ocasións.

PLANTASIAS, DOCU-LAB ETNOBOTÁNICO NAS ESCOLAS

Proxecto educativo  audiovisual 

Directora: Cora Peña

Co apoio de: Deputación de A Coruña

Roles: imaxe do proxecto, grafismo audiovisual, web.

Proxectos relacionados