Cultivamos proxectos multimedia creativos e sostibles

MOU Multimedia é un estudio multimedia de comunicación dixital con sede en Mouro (Padróns – Ponteareas) que traballa no rural desde unha perspectiva sostible e responsable de economía social.

Que facemos

Ideamos e producimos contidos gráficos e audiovisuais

  • deseño
  • interactivos
  • fotografía
  • vídeo
  • narración
  • consultoría
  • formación
Deseño de veciñanza apegado ao territorio.
Vemos o rural como un espazo de resistencia social e cultural.
Cremos que a fonte de enerxía da sociedade son os proxectos das persoas.
Traballamos desde o lúdico, o informativo, o compromiso e o sentimento
Pensamos que deseñar é trazar o mapa dunha idea. A segunda parte é facelo atractivo.
Celebramos a diversidade ambiental, humana, animal...
Previous
Next

O primeiro é conversar, escoitar e compartir

Falamos?

MOU MULTIMEDIA

Bº de Mouro, 8. Padróns

36866 Ponteareas

MOU multimedia logo

Un pouco de historia

Desde o barrio de Mouro na aba do monte Galleiro miramos o val do Tea de Mondariz ata o Miño, os montes do Suido ata a Peneda en Portugal. Dunha ollada, sen google maps. E cada mañá saudamos con cariño a Paradanta porque de alí chéganos o wimax.

Outros días pode alborexar cun mar de nubes rodeándonos como se fósemos unha pedra voadora, ou unha illa perdida, lembranza dun paraíso autárquico, o mundo de Mouro e Cillarga. Un territorio e unha memoria para conservar e habitar.

Foi unha historia de paciencia, para nacer o proxecto Mou era preciso ter unha conexión aceptable a internet. Pero agora xa temos o mellor dos dous mundos. Podemos regar as leitugas escoitando un podcast de marketing dixital ou traballar en remoto escoitando os paxariños.

Novos xeitos de facer
para vellas formas de vivir.

Por que MOU?

Analizamos, diagnosticamos, organizamos… 
somos confiables

Creamos deseños, fotos, vídeos, contamos historias… 
somos orixinais

Facemos pezas versátiles, duradeiras, a medida… 
somos artesáns

Axudamos a usalas, ensinamos a facer novas… 
somos reciclables

All you need is MOU

Por que MOU?

Analizamos, diagnosticamos, organizamos… 
somos confiables

Creamos deseños, fotos, vídeos, contamos historias… 
somos orixinais

Facemos pezas versátiles, duradeiras, a medida… 
somos artesáns

Axudamos a usalas, ensinamos a facer novas… 
somos reciclables

All you need is MOU

Conversas sobre #RuralDixital

Conversas sobre #RuralDixital é unha aproximación ao territorio a través da visión de cinco mulleres e cinco homes de dez empresas do Condado. Todos eles falan das oportunidades que o mundo dixital ofrece a proxectos nacidos e comprometidos co medio rural.

Os protagonistas

A terra e os seus produtos e os servizos que dan forma ao territorio son a base da actividade dos nosos dez protagonistas. Agricultores ou viticultores, artesáns, emprendedores, innovadores ou xestores de servizos que amosan o cambio de paradigma que estase a vivir hoxe no rural.

Local e global 

Todos son conscientes de que a ruralidade marca, para ben e para mal, a súa experiencia empresarial. Todos coinciden en sinalar as tecnoloxías como unha ponte de comunicación cos destinatarios das súas actividades. 

Pero para aproveitar esas oportunidades do mundo dixital teñen que salvar as dificultades dunha infraestrutura tecnolóxica insuficiente, da falta de formación específica ou de tempo para construír estratexias axeitadas. 

Nuria Barreras, Luisa Trigo, Xabier Viana e Cora Peña

Somos un equipo cunha sólida traxectoria profesional e artística nos eidos do deseño gráfico e plataformas interactivas (Nuria), da creación en vídeo (Cora), fotografía (Luisa) e comunicación (Xabi). Somos como un puzzle creativo que encaixa en equipos máis grandes ou busca as súas propias pezas para desenvolver un proxecto.

Temos colaborado con clientes como: Fundación Barrié, Museo Marco, Editorial Galaxia, Concello de Vigo, Real Academia Galega, Televisión de Galicia… por citar algúns dos máis coñecidos, pero tamén para pequenas e medianas empresas: restaurantes, artesáns, comercios, profesionais independentes, e grupos comunitarios.

No noso percorrido de confluencia temos desenvolto proxectos interactivos e audiovisuais para numerosos proxectos de innovación educativa, difusión da lingua e cultura, recuperación do patrimonio fotográfico e defensa do medioambiente. 

Se queres vivir cos pes na terra
proxecta a túa imaxe na nube...