Contan as lendas
que un día de primavera
apareceu na fonte de Mouro
unha flor-chip

Deseño de veciñanza apegado ao territorio.
Vemos o rural como un espazo de resistencia social e cultural.
Cremos que a fonte de enerxía da sociedade son os proxectos das persoas.
Traballamos desde o lúdico, o informativo, o compromiso e o sentimento
Pensamos que deseñar é trazar o mapa dunha idea. A segunda parte é facelo atractivo.
Celebramos a diversidade ambiental, humana, animal...
Previous slide
Next slide

O primeiro é conversar, escoitar e compartir

Falamos?

MOU MULTIMEDIA

Bº de Mouro, 8. Padróns

36866 Ponteareas

MOU multimedia logo

Conversas sobre #RuralDixital

Conversas sobre #RuralDixital é unha aproximación ao territorio a través da visión de cinco mulleres e cinco homes de dez empresas do Condado. Todos eles falan das oportunidades que o mundo dixital ofrece a proxectos nacidos e comprometidos co medio rural.

Os protagonistas

A terra e os seus produtos e os servizos que dan forma ao territorio son a base da actividade dos nosos dez protagonistas. Agricultores ou viticultores, artesáns, emprendedores, innovadores ou xestores de servizos que amosan o cambio de paradigma que estase a vivir hoxe no rural.

Local e global 

Todos son conscientes de que a ruralidade marca, para ben e para mal, a súa experiencia empresarial. Todos coinciden en sinalar as tecnoloxías como unha ponte de comunicación cos destinatarios das súas actividades. 

Pero para aproveitar esas oportunidades do mundo dixital teñen que salvar as dificultades dunha infraestrutura tecnolóxica insuficiente, da falta de formación específica ou de tempo para construír estratexias axeitadas. 

Nuria Barreras, Luisa Trigo, Xabier Viana e Cora Peña

Somos un equipo cunha sólida traxectoria profesional e artística nos eidos do deseño gráfico e plataformas interactivas (Nuria), da creación en vídeo (Cora), fotografía (Luisa) e comunicación (Xabi). Somos como un puzzle creativo que encaixa en equipos máis grandes ou busca as súas propias pezas para desenvolver un proxecto.

Temos colaborado con clientes como: Fundación Barrié, Museo Marco, Editorial Galaxia, Concello de Vigo, Real Academia Galega, Televisión de Galicia… por citar algúns dos máis coñecidos, pero tamén para pequenas e medianas empresas: restaurantes, artesáns, comercios, profesionais independentes, e grupos comunitarios.

No noso percorrido de confluencia temos desenvolto proxectos interactivos e audiovisuais para numerosos proxectos de innovación educativa, difusión da lingua e cultura, recuperación do patrimonio fotográfico e defensa do medioambiente. 

Se queres vivir cos pes na terra
proxecta a túa imaxe na nube...