Conversas sobre o rural dixital

Conversas sobre  o RuralDixital é unha aproximación ao territorio a través da visión de cinco mulleres e cinco homes de dez empresas do Condado. Todos eles falan das oportunidades que o mundo dixital ofrece a proxectos nacidos e comprometidos co medio rural.

Este proxecto é tamén é unha reflexión sobre o propio nacemento de Mou, unha colaboración con Xavier Viana (copys), Luisa Tigo (fotos) e Cora Peña (audiovisuais).

Os protagonistas

A terra e os seus produtos e os servizos que dan forma ao territorio son a base da actividade dos nosos dez protagonistas. Agricultores ou viticultores, artesáns, emprendedores, innovadores ou xestores de servizos que amosan o cambio de paradigma que estase a vivir hoxe no rural.

Todos son conscientes de que a ruralidade marca, para ben e para mal, a súa experiencia empresarial. Todos coinciden en sinalar as tecnoloxías como unha ponte de comunicación cos destinatarios das súas actividades. 

Pero para aproveitar esas oportunidades do mundo dixital teñen que salvar as dificultades dunha infraestrutura tecnolóxica insuficiente, da falta de formación específica ou de tempo para construír estratexias axeitadas. 

CONVERSAS SOBRE O RURAL DIXITAL

Un proxecto de Mou Multimedia: Xabier Viana, Luisa Trigo, Cora Peña e Nuria Barreras.

Cortametraxe documental.

Proxectos relacionados