Arborismos
ARBORISMOS é unha serie documental sobre etnobotánica da directora Cora Peña, na que colaborei no deseño audiovisual e ilustracións. Consta de seis capítulos dedicados a árbores míticas de Galicia achegando datos curiosos sobre estas especies: historia, lendas, botánica, propiedades medicinais, usos tradicionais e modernos e, tamén, unhas pingas da maxia agochada nestes xigantes do reino vexetal.
Encantoume facer este traballo, primeiro porque adoro a etnobotánica e tamén porque foi a ocasión para experimentar bastante a fondo cunha ferramenta que adoro, Krea.ai.
Árbores, pólas e follas
Maxia arbórea
Cousas das árbores
Historias humano/vexetais
ARBORISMOS
Cliente: Zumalab
Grafismo e ilustracións.